Foto: Departamento de Exposicións S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1461
Clasificación Genérica Orfebrería; Cristianismo: obxectos rituais e cerimoniais
Objeto/Documento Cruz
Autor/a Taller, S.L.
Título Cruz de Afonso III
Materia/Soporte Pan de ouro
Pedra preciosa [Pedras preciosas diferentes.]
Cristal [Cristal de rocha]
Técnica Talla
Soldadura
Dimensiones Longo = 46 cm2; Ancho máx = 2 cm2; Alto máximo = 44,50 cm2
Descripción A réplica reproduce con bastante fidelidade o que sería a cruz orixinal, regalada por Afonso III e a súa esposa Ximena, á catedral compostelá no ano 874 e desaparecida da capela das Reliquias no ano1906 sen que houbese, a posteriori, información ningunha sobre o seu paradoiro. Ofrece o tradicional esquema deste tipo de cruces "asturianas": equilátera ou grega cos brazos, polo tanto, de dimensións iguais ou moi semellantes e configuración trapezoidal, que se unen, polo lado menor, a un disco central.
O anverso ofrece un rico traballo de filigrana disposta seguindo a unha configuración esquemática que se completaría cunha abundante adición de pedrería estratexicamente situada seguindo esquemas xeométricos e, sen dúbida, simbólicos, tal e como sucede na Cruz de los Ángeles da Cámara Santa de Oviedo. A distribución dos distintos tipos de pedras preciosas ou semipreciosas obedecería a unha linguaxe simbólica non de todo coñecida na actualidade. Un sogueado percorre todo o perímetro da cruz facendo rítmicas e periódicas interrupcións. O disco central por esta cara non se conservou en estado orixinal, descoñecéndose con certeza a súa configuración polo que se realizou para esta réplica unha recreación hipotética.
Polo reverso a decoración é máis restrinxida e localizada, ocupando boa parte dos brazos a lámina de ouro desprovista de calquera tipo de decoración, aparecendo a repuxado algúns elementos e con fíos soldados algúns motivos xeométricos. Catro grandes pedras estratexicamente situadas nos catro extremos da cruz representarían tal vez aos evanxelistas. Estas, perdidas desde antigo, foron repostas na réplica, tal como tamén sucedeu coa maior parte das que decoraban a cara oposta. Nesta cara do reverso disponse o texto da ofrenda ( V. Inscricións).
O disco do reverso ofrece unha abundante decoración a repuxado e con inclusión de pedrería, pero é de salientar sobre todo o medallón rectangular coa representación figurada de dúas aves afrontadas e orla de perlas. Trataríase dunha peza posiblemente anterior, chea dun gran simbolismo, reutilizada na obra asturiana, sendo de estrañar a decoración figurativa que ostenta, inédita neste tipo de obras por obedeceren, segundo parece a tradicións iconoclastas ou anicónicas.
Dos brazos horizontais colgan al letras A e ?, que xa non existían cando desapareceu no ano 1906.
A réplica realizada entre os anos 2003 e 2004 polos artesáns do compostelán Taller Ángel, S:L. reproduce con gran detalle a peza desaparecida a partir de documentación gráfica (gravados e fotografías principalmente), a través de descricións e tamén mediante paralelismos con outros exemplares, dun xeito principal a Cruz de los Ángeles que doara á igrexa de Oviedo Afonso II no ano 808.
Iconografia Brazos: Alfa e Omega;
Só aparece a letra Alfa nun dos brazos. Xa en 1906 non estaba a Omega.
Inscripciones/Leyendas Reverso, Incisión gravada
(0874)
+ OB HONOREM SANCTI IACOBI APOSTOLI / OFFERVNT FAMVLI DEI ADEFONSVS PRINCEPS CVM CONIVGE SCEMENA REGINA / HOC OPVS PERFECTVM EST IN ERA DCCCCA DVODECIMA / HOC SIGNO TVETVR PIVS / HOC SIGNO VINCITVR INIMICVS. ((+ En honor do Santo Apóstolo Santiago / ofrécena os servos de Deus o Príncipe Afonso e a súa dona a raíña Ximena / Esta obra concluíuse na Era 912 (ano 874) / Con este signo ampárase o xusto / Con este signo véncese o inimigo).) [A data 874 é a de a cruz orixinal. A réplica é de 2004]
Datación 2003-2004
0874 [Data de elaboración da cruz orixinal]
Contexto Cultural/Estilo Alta Idade Media [O orixinal. Foi elaborada no ano 874]
Idade Contemporánea [En 2003-2004 foi elaborada a réplica]
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Era costume que os monarcas ofreceran este tipo de cruces como ofrendas votivas ós santuarios da súa preferencia. Ou como agradecemento por victorias conseguedas.
Clasificación Razonada A importancia da cruz de Afonso III é transcendental para comprender a relación entre o santuario compostelán e a monarquía ástur nuns momentos de consolidación da integración dos territorios galaicos no reino de Asturias e de expansión territorial cara a formación do futuro reino artur-leonés. A súa imaxe sería o símbolo da verdadeira Cruz de representativa de Santiago ata que na Idade Moderna triunfou o símbolo da cruz / espada como o máis coñecido e difundido, que xa non se reservaría exclusivamente á Orde de Cabalería.
Foi a partir de Constantino cando a cruz perdeu o seu significado negativo de instrumento de castigo ou morte para atribuíselle outro completamente oposto, de vida e salvación. Utilizaríase de xeito institucional como lábaro protector dos exércitos e símbolo do poder imperial. Ao longo da Idade Media pasaría a se converter no motivo iconográfico máis estendido e omnipresente na decoración arquitectónica e de mobiliario vinculado ao culto e á monarquía.
A utilización da cruz polos monarcas ástures como o principal emblema do ritual áulico está en directa relación con ese papel de reduto continuador das tradicións visigodas. A sinxeleza da forma contundente da cruz equilátera, enriquecida polo simbolismo que lle engade ao representar a Vera Cruz, fai que se lle outorgase un gran prestixio e o seu uso se reservase ao ritual áulico. Sería un obxecto prezado que utilizarían os monarcas en ocasións moi especiais para entregar en doazón a determinados santuarios como ofrenda votiva singular. Tal sería o caso da desaparecida cruz compostelá, ofrecida á igrexa de Santiago polo monarca Afonso III no ano 874.
Outras dúas cruces moi semellantes serían a xa comentada Cruz de los Ángeles, doada no ano 808 por Afonso II tal vez coincidindo coa consagración do novo templo dedicado ao Salvador en Oviedo, ou a de Santiago de Peñalba (León) doada ao antigo mosteiro por Ramiro II no ano 939 en agradecemento pola axuda recibida do Apóstolo na batalla de Simancas contra Abderramán III. Outra cruz de gran simbolismo, aínda que cun esquema lixeiramente diferente e cos extremos lobulados, é a coñecida como Cruz da Victoria doada tamén por Afonso III no ano 908 á catedral ovetense.
A cruz doada á igrexa compostelá por Afonso III sería un precioso complemento da basílica que o soberano mandaría levantar, consagrada no ano 899, sobre o sepulcro en substitución da precedente de Afonso II. Pero este simbólico regalo tería outras lecturas políticas, pois a axuda do Apóstolo éralle dobremente necesaria ao monarca para proseguir coa consolidación dos seus territorios, para obter éxitos coas súas campañas expansionistas contra o Islam, pero tamén como intermediario persoal ante Deus pola súa salvación.
Deste xeito iniciouse o proxecto que no ano 2003 emprendeu a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, precedido dun minucioso traballo de investigación, documentación e experimentación, pretendiendo recuperar formalmente un símbolo de grande interese para a cultura xacobea e dar forma a un verdadeiro emblema compostelán que aínda permanece bastante esquecido entre a maior parte da cidadanía.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 19/10/2016
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6